miércoles, mayo 1, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello concede a licenza para a reconstrución das naves afectadas polo...

O Concello concede a licenza para a reconstrución das naves afectadas polo incendio do Polígono do Rebullón

A autorización urbanística aprobouse na última sesión da Xunta de Goberno Local, celebrada a finais da semana pasada

O Concello de Mos concedeu na última Xunta de Goberno Local, celebrada o pasado venres, a licenza para a reconstrución das naves do Polígono do Rebullón afectadas polo incendio sucedido hai un ano.
O lume produciuse o 27 de marzo do pasado ano 2022 e, durante o mesmo, dúas das naves sitas na parcela denominada “Portela Nacente”, no Polígono do Rebullón de Mos, sufriron un incendio que afectou á totalidade da estrutura portante, cuberta, cerramentos exteriores e tamén ao interior.
A parcela ten unha superficie total de 16.616 m² e nela existen 5 naves independentes. En xullo de 2022, tras a demolición da estrutura existente en planta primeira das dúas naves afectadas, realizouse proxecto para consolidación do forxado, realizando un saneado e colocando unha capa de impermeabilización en toda a superficie e unha capa de soleira de 10 cm de espesor con mallazo sobre ela.
Agora, coa licenza urbanística municipal xa concedida, realizarase a reconstrución da planta primeira das denominadas Nave 1 e Nave 2 existentes na parcela.
Así poderase reconstruír a planta primeira das Nave 1 e Nave 2, deixando preparadas as zonas de oficinas para poder levar a cabo o uso futuro correspondente ao seu proxecto de actividade.
As Comunidades de propietarios, así como os propietarios afectados polo incendio, son os seguintes: − COMUNIDADE DE PROPIETARIOS EDIFICIO I, – SERMAIN, S.L. – R. BARREIRO EMBALAXES, S.L. – TRANSPORTES GARCÍA GUISADO, S.L., COMUNIDADE DE PROPIETARIOS EDIFICIO II, – TRANSPORTES GARCÍA GUISADO, – RUI MANUEL CERQUEIRA – EXCLUSIVAS TOMBO, S.L. – TRANSPAIS ATLÁNTICO, S.A. (anteriormente “Raúl Busto Valcárcel, S.A.”).
As naves industriais obxecto da obra de reconstrución están situadas no Polígono Industrial do Rebullón, na parcela denominada “Portela Nacente” cunha superficie de 16.616 m². As naves 1 e 2, contan con dúas plantas cada unha e unha superficie construída total de 2.593 m² e 2615 m² respectivamente. A reconstrución realizarase nas plantas altas das denominadas Nave 1 e Nave 2.
Para a reconstrución da planta alta das devanditas naves sinistradas, dividirase a superficie total en 4 naves encostadas, sen o desenvolvemento dun uso específico actual, deixando preparada unha zona para oficinas en cada unha delas. Previo ao desenvolvemento de calquera actividade nelas elaborarase o correspondente proxecto de actividade onde se detallarán e xustificarán todas as instalacións necesarias.
Como se indicou, en cada unha das naves reconstruídas deixarase preparada unha zona para oficinas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES