domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsO PaísLocalizado no mar o machete do parricidio de Esteiro

Localizado no mar o machete do parricidio de Esteiro

Atopado o machete empregado como arma no presunto parricidio de Esteiro, en Muros, co que un mozo de 19 anos, tería matado ao seu pai.

O detido, que acolleuse ao seu dereito a non declarar ante o xuíz, pasou a súa primeira noite en prisión, por ter matado supostamente a seu pai, de 59, enterrado o pasado domingo.

O Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS), indicou o Instituto Armado, desprazouse esta mañá ao peirao de Esteiro para proceder á localización do obxecto utilizado neste crime e, no transcurso da inmersión, os efectivos deron con esta ferramenta de fío metálico e mango de madeira.

Á vítima mortal, José Manuel Maio Brea, era moi coñecido no municipio por ter rexentado un bar xustamente no baixo do edificio en que tamén vivía o seu fillo, Antonio, e onde se produciu o homicidio.

O seu fillo, presunto autor do crime, está no cárcere en réxime de prisión provisional comunicada e sen fianza. Está investigado por un delito de homicidio.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES