domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsO PaísBusca da arma homicida do presunto parricidio de Esteiro

Busca da arma homicida do presunto parricidio de Esteiro

O fillo de 19 anos, único detido, segue sen recoñecer a autoría dos feitos e mantén a versión de que foron uns descoñecidos os que entraron no domicilio de seu pai e o mataron.

Para esclarecer o crime é fundamental o resultado da autopsia e localizar a arma homicida, supostamente un machete que aínda non apareceu.

A investigación en marcha trata de aclarar as cincunstancias do crime que se produciu en Esteiro (Muros) a noite do venres. A vítima, de 59 anos, era moi coñecido no Barbanza pola súa traxectoria no sector da hostalería.

A hipótese barallada polos investigadores é que o mozo, de 19 anos e con problemas de drogadicción, matou o pai atacándoo polas costas e asestándolle golpes mortais cun machete na cabeza.

Está por determinar tamén o móbil do crime.

O que si transcenderon foron varios vídeos publicados polo presunto parricida en redes sociais nos que recoñecía o consumo de drogas e proferindo ameazas portando armas.

O mozo, en custodia policial, pasará a disposición xudicial en breve.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES