lunes, abril 29, 2024
InicioNewsO PaísO Goberno garante o viaduto do Castro da A-6 para 2024

O Goberno garante o viaduto do Castro da A-6 para 2024

O Goberno central traballará nos dous  viadutos da A-6 por separado, primeiro no dun sentido e logo no do outro, non se retrasarán os prazos.

O Executivo de España mantén o compromiso de que en 2024 poderase circular con normalidade pola A-6 e xa a finais deste 2023 dispoñerase do dobre sentido no viaduto cara a Madrid.

Por outra banda, o Goberno está tamén a reparar os fallos de impermeabilización detectados en dous viadutos da A-52 ao seu paso por Allariz e A Valenzá e construídos do mesmo xeito que os da A-6, pero nestes casos son traballos «moito menos complexos».

O secretario de Infraestruturas do Goberno de España, Francisco Javier Flores, fixo esas declaracións na súa visita á comarca de Valdeorras, onde se comprometeu a construír unha circunvalación que saque do centro do Barco o tráfico de camións.

Anunciou ademais a licitación antes de finais deste ano dunha infraestrutura clave na zona, o primeiro tramo da A-76, que uniría Ourense e Ponferrada, e tamén a mellora da nacional 120 cun terceiro carril de 15 quilómetros dende Guítara ata Ourense.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES