sábado, mayo 11, 2024
InicioComarcasLouriñaIniciada a obra de mellora da intersección do Alto de San Cosme

Iniciada a obra de mellora da intersección do Alto de San Cosme

Estase a construír unha glorieta

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia iniciou a obra de adecuación da intersección de San Cosme, na contorna do PK 7+600 na Estrada PO-331 Porriño-Gondomar, facendo un investimento por parte da administración autonómica de 47.968,53 euros.
As obras consisten, basicamente, na remodelación da intersección existente á altura do PK 7+600 da estrada PO-331, implantando no seu lugar unha glorieta. Proxéctase unha glorieta de planta elíptica, de radio mínimo 12,50 metros.

En canto á súa configuración, dispoñerase un único carril de 6 metros de ancho, con beiravías tanto exterior como interior de ata un metro de ancho. A continuación deste, cara ao centro, exponse a execución dun gorxal de dous metros de ancho, empedrado, de maneira que poida ser puntualmente ocupado polos vehículos. O illote central, de 15 metros de ancho e 30 metros de longo, aproximadamente estará delimitado por un bordo remontable, a continuación do cal se dispoñerá unha coroa de formigón dun metro e, na parte interior, un recheo de formigón cun espesor medio de 20 cm.

Para a execución da glorieta definida anteriormente, será necesario demoler previamente os illotes existentes, así como a zona central na cal se instalará a nova. Parte da superficie demolida que ocupaban os actuais illotes será acondicionada mediante a reposición de firme, con capas de mesturas bituminosa. Por último, executarase o acondicionamento da sinalización tanto horizontal como vertical da zona, adecuando esta a a nova configuración da intersección. Inclúese tamén a colocación dos carteis de orientación necesarios para indicar os destinos na estrada PO-331. Dispoñerase dunha sinalización provisional durante as obras que advirta aos usuarios da execución destas.

Estímase que para esta obra é necesario e suficiente un prazo de execución de seis meses.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES