jueves, mayo 2, 2024
InicioComarcasLouriñaMos despunta en boxeo con dous campións e dous subcampións galegos do...

Mos despunta en boxeo con dous campións e dous subcampións galegos do club CKM

Trátase de Laura Fernández, Agustín Táboas, Álex Castro e Manuel Ruíz

O Concello de Mos vén de recoñecer o labor dos boxeadores do club mosense CKM de Mos Laura, Agustín, Álex e Manuel, que o pasado mes de decembro erixíronse campións e subcambións galegos, respectivamente, de boxeo. Así, os deportistas foron recibidos pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de deportes mosense, José Areal, e demais membros da corporación municipal.

O CKM de Mos conta con dous novos campións galegos de boxeo e dous subcampións. O Campionato Galego tivo lugar no Concello de Outes os pasados días 10 e 11 de decembro e os púxiles mosenses gañaron os pases ás finais:

  • Laura ‘ZURDITA’ Fernández venceu a Bea Mendoza ós puntos, proclamándose así Campioa Galega do Peso Welter.
  • Agustín Táboas venceu ao púxil Coruñés do club Zapata por KO técnico no primeiro asalto, proclamándose Campión Galego do Peso Medio.
  • Álex Castro, un dos boxeadores máis veteranos do CKM perdeu a final ós puntos nun combate igualado contra Juan Luis del Río do SKT, proclamándose así Subcampión Galego do Peso Welter. O adestrador do club, Juan Alonso, asegura que no mes de febreiro farase a revancha en Noia con vendaxe duro na categoría de Neoprofesional.
  • Manuel Ruíz quedou Subcampión Galego escapándoselle ao final os puntos contra o boxeador de Arousa Manuel Xabier.
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES