Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeComarcasParadanta"Arbo é a terra dos nosos fillos, agora non nos imos a...

“Arbo é a terra dos nosos fillos, agora non nos imos a render”

Entrevista co secretario dunha das asociacións de afectados pola LAR, José Valado.

“É a nosa terra e a terra dos nosos fillos e das nosas fillas”. Así seguen defendendo a veciñanza de Arbo o “non” á Línea de Alta Tensión. Un “non” á Línea de Alta Tensión “nin soterrada nin non soterrada”, segundo explica en Si Radio o secretario dun das asociaciones de afectados pola LAT, José Valado.

Esta fin de semana tiveron unha reunión urxente porque o Boletín Oficial do Estado vén de confirmar que a Línea para polo municipio. Así, o BOE confirma na súa publicación de 22 de decembro a través da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico que a LAT atravesa o municipio.

É unha medida que afecta, sobre todo, ao despoboamento, di Valado, porque “é unha zona que podería ter de novo xente cando a PLISAN termine de despegar, posto que haberá industria”. Pregúntase Valado “se pasaría o mesmo se se tratara dunha gran cidade”.

Insisten en que non deixarán de loitar para botar atrás o proxecto do Ministerio “e preparamos máis alegacións”.

Escoita a entrevista completa aquí:

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS