Entrevista coa candidata do BNG para obter o bastón de mando da vila do Tea, Cristina Fernández Davila.
“Calquera outro goberno sacaría maioría absoluta cos proxectos que levamos acabo en Ponteareas”. Así o di a candidata do Bloque Nacionalista Galego e actual alcaldesa, Cristina Fernández Davila, nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia, onde apuntou que “agora queda explicalos aos veciños e as veciñas porque igual non o fixemos o suficiente”. Di a candidata do BNG que aspira a atraer empresas e facer de Ponteareas unha vila máis dinámica e moderna.
En canto ás persoas que lle acompañarán na candidatura, di que “haberá caras novas e que seguirán outras que se presentaron tamén con Xosé Represas e tamén das que estamos no goberno”. Aspira Fernández Davila a “conseguir os máximos resultados posibles” pero no caso de que as contas non den por separado, explica, estarían dispostos a revalidar o pacto co Partido Socialista.
Escoita a entrevista completa aquí:

