viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasLouriñaO colexio Antonio Palacios celebra medio século de vida

O colexio Antonio Palacios celebra medio século de vida

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, participaron nos actos conmemorativos do 50 aniversario

O CEIP Plurilingüe Antonio Palacios conmemorou medio século de historia. Os nenos e nenas do centro recibiron a visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias para celebrar con eles o 50 aniversario deste centro educativo.
Tras unha visita a varias aulas do centro e compartir conversa cos pequenos e pequenas proxectouse un vídeo coas experiencias de moitos exalumnos/as do Antonio Palacios e tamén das que trasladaron en primeira persoa Claudina (ex maestra do centro), a súa filla Amaya (ex alumna do centro) e as súas netas Chloe e Nora, de 8 e 4 anos respectivamente que na actualidade estudan no colexio.
E é que, tal e como indicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, hoxe “celebramos medio século de parte importante da historia de Torneiros”. O rexedor salientou que “sen educación non hai futuro e, como alcalde e como porriñés, podo dicir con orgullo que no Porriño temos unha comunidade educativa comprometida coa ensinanza e con construír ese futuro”. Para o alcalde o Antonio Palacios é un claro exemplo disto “cun modelo educativo adaptado ao contexto cultural e social da parroquia de modo que invita aos pequenos a aprender e os motiva. Eu fun deses nenos que viñan a este cole e saían de clase coa ilusión de cambiar as cousas a mellor para todos, saíamos con soños”.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, puxo en valor o importante papel que desenvolven os profesionais do sistema educativo e agradeceu aos mestres e mestras a súa implicación e esforzo “en mellorar a transmisión de coñecementos e de entender os cambios do mundo”, en referencia á incorporación ao longo destes anos de novas materias a impartir nos centros vinculadas coas tecnoloxías e cos idiomas.
No acto, que foi presentado polo director do colexio, Andrés Vieitez, participaron a ANPA Castelao, o que foi director durante décadas, José Manuel Sobrino, ex mestres e mestras do Antonio Palacios e os directores e directoras dos centros educativos do municipio.
Como recordo, plantouse na entrada principal do colexio unha oliveira na que loce unha placa que recorda este aniversario.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES