O rondalleiro Carlos Álvarez pediulle matrimonio á tamén rondalleira Thais Viñas en metade dunha actuación esta fin de semana no Porriño.
A historia de amor entre Carlos e Thais comezou cunha invitación a unha cervexa e culminou nunha pedida de matrimonio esta fin de semana durante unha actuación da Rondalla de Atios, da que son membros os dous protagonistas.
A música estaba xa soando cando, de súpeto, Carlos adiántase uns pasos e o director da Rondalla lle saca a Thais a súa pandeireta para situala nun punto estratéxico. E é que Carlos pensara unhas horas antes en pedirlle matrimonio a súa moza, Thais, e fixo cómplices a algúns dos membros da agrupación para que lle axudara a cumprir co plan.
Descubre a historia completa coa entrevista que lle realizamos a Carlos Álvarez e a Thais Viñas nos estudos centrais de Si Radio: