martes, abril 30, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta di que o tabique derrubado tiña "aparente bo estado"

A Xunta di que o tabique derrubado tiña «aparente bo estado»

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, afirmou que o tabique que se derrubou no IES Julio Prieto Nespereira de Ourense, «en aparencia estaba en bo estado» e era do 2001.

O derrubamento dun tabique nos vestiarios do polideportivo causou a morte dun estudante de 13 anos.

O delegado confirmou que se revisou o vestiario feminino, que é «similar» ao masculino, e «non presenta ningún tipo de deficiencia».

Alén insistiu, ante as voces de usuarios do centro que din que eran sabidas as deficiencias, que na administración «previamente non tiñan ningún tipo de coñecemento de que alí houbese unha deficiencia». Dito isto, púxose a disposición da investigación, que determinará o ocorrido, pero non quixo entrar en eventuais responsabilidades e limitouse a ofrecer «máxima colaboración».

Alén, que participou no minuto de silencio realizado ás portas do instituto en que faleceu o adolescente, dixo que desde a tarde deste mércores todo o equipo da Consellería de Educación, incluído o seu titular, se reuniron en Ourense para facer seguimento do ocorrido e están á «expectativa» do que lles digan.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES