miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasBaixo Miño"Sinto ter que chegar a estes extremos, pero era a única forma"

«Sinto ter que chegar a estes extremos, pero era a única forma»

A presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos pechouse xunto con concellerios do BNG na alcaldía da Guarda durante cinco horas.

«Sinto ter que chegar a esos extremos, pero era a única forma». Así xustifica a presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, Mercedes Martínez, a actuación que levou a cabo xunto con concelleiros do Bloque Nacionalista Galego do municipio. E é que se pecharon durante cinco horas no despacho do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, durante cinco horas para reclamar un informe que o rexedor lle comprometera para solicitar unha subvención.

Podes escoitar a entrevista completa con Mercedes Martínez, aquí:

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, pubicou no seu perfil oficial de Facebook que «a presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos non estivo á altura». Explica o rexedor que «hai unhas semanas accedeu á petición da ELM de Camposancos para que o aparellador municipal fixera unha memoria co fin de solicitar unha subvención» polo que, segundo Lomba, deu orde ao técnico para que fixera o traballo e, incluso, apremiouno para que estivera listo a moito tardar para o día luns 24, que foi o día no que a presidenta de Camposancos pechouse na alcaldía da Guarda.

Antonio Lomba explica que deuse conta do que ocorría onte no Concello cando mirou que Mercedes Martínez, viña acompañada doutros concelleiros. Martínez lle dixo ao rexedor que non ían sair de alí ata que tiveran o informe. Foi sobre as 15:00 horas, segundo explica cando a ELM conseguiu o documento, segundo a súa presidenta.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES