jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño licita por primeira vez a sinalización horizontal e vertical dos seus...

Porriño licita por primeira vez a sinalización horizontal e vertical dos seus viais

O contrato conta cun orzamento base de preto de 108.000 euros ao abeiro dun convenio coa Xunta de Galicia e abrangue viais municipais do centro urbano, parroquias e polígonos industriais

Trátase dun contrato que forma parte das tarefas necesarias para manter a orde e seguridade na circulación nos viais, especialmente nos pasos de peóns e cruces, e que non se tiña regularizado, executando ata o de agora os traballos con contratos `a dedo´ que non garantían o correcto mantemento do viario municipal.
“Este contrato responde ao compromiso deste equipo de goberno co mantemento do Porriño”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Ese compromiso pasa tamén pola regularización da contratación, que permite dar conta de cada céntimo do diñeiro público e garantir a resposta ás necesidades que día a día van xurdindo”.
O orzamento base de licitación é de 107.992 euros, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte.
“Executarase a sinalización horizontal e vertical dos viais municipais nos que a falta de pintado e de sinalización vertical está a xerar graves problemas de seguridade, téndose xa producido accidentes por esta causa. Trátase de vías nas que non están sinalizadas zonas de cruce, estacionamento, pasos de peóns e beirarrúas”, concluíu o rexedor, “Os traballos consistirán no pintado das liñas, cebreados e símbolos e a instalación da sinalización necesaria para garantir a seguridade no centro urbano, nas parroquias e nos polígonos industriais”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES