viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasO CondadoUnha liorta nun bar do centro de Ponteareas termina cunha denuncia por...

Unha liorta nun bar do centro de Ponteareas termina cunha denuncia por danos

Interviñeron a Garda Civil e Policía Local.

 

Unha liorta que tivo lugar nun bar do centro de Ponteareas terminou cunha denuncia por danos. Os feitos ocorreron este martes sobre as 19:00 horas. Un grupo de seis persoas entraron no local lanzando polo aire mesas e cadeiras logo de que un dos seus familiares, un mozo duns 20 anos, lles alertara de que o camareiro lle dera dúas labazadas.

Segundo fontes cercanas, a liorta comezou cando o mozo negouse a pagar a consumición no local. Foi entón cando, segundo a versión do rapaz, o camareiro lle deu dúas labazadas. O xove chamou a súa familia e estes entraron no local causando danos materiais.

Ata o lugar acudiu a Garda Civil, Policía Local e Erxencias Sanitarias, aínda que non fixo falta atender a ninguén.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES