miércoles, mayo 15, 2024
InicioComarcasLouriñaECOYOUTH impulsa a sustentabilidade no Porriño con actividades para a mocidade

ECOYOUTH impulsa a sustentabilidade no Porriño con actividades para a mocidade

Un seminario de reciclaxe, unha mesa redonda sobre xestión de residuos industriais e unha andaina forman a programación deste proxecto europeo

O Porriño acolle esta semana múltiples actividades dirixidas á mocidade no marco do proxecto europeo ECOYOUTH, no que participa o IES Ribeira do Louro.
A primeira delas será un seminario sobre reciclaxe que se desenvolverá mañá mércores, de 11.00 a 13.00 horas, no Centro Cultural Municipal. O obxectivo desta actividade é crear conciencia e ensinar aos mozos e mozas hábitos de reciclaxe, sobre todo nas zonas rurais.
Participa como moderador Rafael Alonso, enxeñeiro municipal do Concello do Porriño; Ana Pazó, licenciada en Bioloxía, Mestra Composteira; Amador Ordóñez, profesor do IES Ribeira do Louro e coordinador do proxecto europeo ECOBUILD. Playing to Ecobuild for learning to protect Environment, e Manuel Viñas, enxeñeiro forestal xefe de servizo de FCC Aqualia e delegado dos servizos para o Consorcio de Augas do Louro.
O venres, ás 14.30 horas no Restaurante Manolo, celebrarase unha mesa redonda centrada na xestión de residuos industriais, contaminación ambiental e aforro enerxético. Na mesma compartiranse opinións e melloras e falarase de futuras colaboracións entre a industria e o Concello do Porriño a tal fin. Participarán Amador Ordóñez e Juana Ibernón, profesores do IES Ribeira do Louro; José Angel Lorenzo, xerente do Clúster do Granito; David Sobral, secretario xeral da FEGAPE; Carolina González e Rafael Alonso, en representación do Concello do Porriño e representantes de ACIPOR e AHOSPOR.
Por último, o sábado terá lugar a Andaina ECOYOUTH que sairá ás 09.00 horas do Concello do Porriño e está dirixida á mocidade, a partir dos 14 anos de idade. A andaina, que ten o obxectivo de promover o valor paisaxístico e cultural da zona, estará guiada por persoal experto en sendeirismo e na natureza para afondar nos puntos máis importantes do seu percorrido, entre eles as Gándaras de Budiño.

Inscricións

Para participar nas actividades é necesaria inscrición previa que pode facerse a través das seguintes ligazóns:
Seminario de Reciclaxe:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScZby-XSnACZDreJjeFmQOqnjonvMUt3j3W8OfvbTIPHkEPmA/viewform?usp=sf_link
Mesa Redonda: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScj-5eF1FH24PNKypbDMw2MDOEJMIdhLiCt1RTqC3B3zG_8Fw/viewform?usp=sf_link
Andaina ECOYOUTH: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdsV23yiWoN32CK38AS_PN1AnCTOn9cJ9gURX24ek0j3FJTcA/viewform?usp=sf_link

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES