martes, mayo 7, 2024
InicioComarcasLouriñaA aula CeMIT do Porriño retoma a súa actividade formativa

A aula CeMIT do Porriño retoma a súa actividade formativa

Cursos de competencias dixitais, ofimática en todos os niveis e optimización e mantemento de equipos compoñen a oferta.

A Aula CeMIT do Concello do Porriño volve a ofrecer cursos de formación presenciais desde este mes. As actividades desenvolveranse na aula, situada no multiusos de Torneiros en horario de mañá e tarde.
Entre a oferta formativa atópanse cursos competencias dixitais, ofimática e optimización e mantemento de equipos, en diferentes niveis.
Toda a información sobre os cursos, horarios e inscricións en cemit.oporrino@gmail.com ou a través do 655 626 203.
A aula CeMIT está equipada coa última tecnoloxía , Internet e sistemas de videoconferencia a disposición da cidadanía, tanto para actividades formativas como para o acceso libre. Está xestionada por un axente TIC que imparte e planifica os cursos e ademais presta apoio aos usuarios e usuarias no seu achegamento ás TIC.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES