A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, explica para os informativos de Si Radio que o municipio ten que volver ás restricións.
Ribadavia ten que volver ás restricións por mor da seca. E é que desde a empresa concesionaria de auga municipal, AQUALIA, vén de dar aviso de que “continúa o descenso da auga dispoñible”, segundo fai saber o Concello. Pola contra “o consumo rexistrado mantén unha tendencia á alza polo que os técnicos da concesionaria consideran necesario retomar o protocolo de cortes de subministro das pasadas semanas co fin de recuperar o depósito”.
O Concello retomou esta semana o proceso de transporte de auga en camións cisterna, “traballando día e noite en xornada intensiva”. Amáis, a administración local está realizando obras para conseguir a captación temporal do río Avia. Con todo, a solución definitiva, di a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, “ten un custe de 1.500.000 euros”.
Escoita a entrevista aquí:

