Entrevista co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, sobre a vía penal contra empresas que facturaron traballos sen xustificar na época do goberno socialista.
Porriño abre a vía penal contra empresas que facturaron traballos sen xustificar. E é que un informe do secretario municipal establece que existía complicidade entre o goberno socialista anterior e as empresas para saltar o procedemento legal de contratación. O documento explica que unha serie de empresas “presentaron facturas por obras e servizos de maneira recorrente por conceptos, emprazamentos, barios, parroquias e lugares do término similares ou idénticos entre si con prezos sistemáticos sen aportar previamente un orzamento”. Son traballos, amais, que non se comprobaron.
O alcalde Alejandro Lorenzo explica para os informativos de Si Radio que o seu obxectivo é “ter un Concello saneado no 2023”
Escoita a entrevista completa co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo:

