martes, abril 30, 2024
InicioComarcasO CondadoMondariz prohibe regar as hortas con auga da traída por mor da...

Mondariz prohibe regar as hortas con auga da traída por mor da seca

As sancións oscilan dende os 750 euros ata os 3.000 euros.

 

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, vén de asinar un bando no que fai saber que quedan «expresamente prohibidos os usos indebidos que non sexan estritamente necesarios para cubrir as necesidades domésticas». A restrición chega nun contexto no que se produce un «descenso dos mananciais e acuíferos que fornecen as redes de abastecemetno de auga» e «visto o alarmente descenso dos niveis de almacenamento dos diferesntes depósitos municipais e tendo en conta as previsións de continuidade de seca».

Así, dende o primeiro día de agosto, «quedan prohibidos o baldeo de patios e terrazas, regar as hortas con auga da traída, os recheos de piscinas ou lavado de vehículos», segundo fai saber o Concello. As sancións poden oscilar entre os 750 euros e 3.000 euros de multa.

Amáis, a administración local fai unha «chamada á responsabilidade e solicita a máxima colaboraicón e implicación da veciñanza para aplicar medidas de reducción de consumor no momento de abrir a billa».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES