viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriña170 músicos participan na iniciativa Tradición en Camiño en Mos

170 músicos participan na iniciativa Tradición en Camiño en Mos

Seis bandas de gaitas tocarán en catro localizacións diferentes do municipio ao longo de toda a mañá do vindeiro domingo, 8 de maio.

Desde o Círculo Cultural Abrente e a Concellería de Cultura e Turismo de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, anímase á toda a veciñanza, tanto de Mos como doutros municipios, a gozar da iniciativa organizada polo Abrente en colaboración co Concello e a Asociación de Gaiteiras Galegas, que leva por título: Tradición en Camiño.

Celebrarase o vindeiro domingo 8 de maio e, durante toda a mañá, seis bandas de gaitas que suman un total de 170 músicos (entre gaitas e percusión) tocarán en catro localizacións diferentes de Mos, todas elas ao pé do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola localidade mosense.

As localizacións e horarios previstos son os seguintes:

  • ás 10.00 horas Capela das Angustias en Sanguiñeda
  • ás 11.15 horas Albergue de Peregrinos da Veigadaña
  • ás 12.30 horas Pazo de Mos
  • ás 13.45 horas Capela de Santiaguiño en Guizán

Os grupos musicais que amenizarán esta xornada de música tradicional ao pé do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos son: Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas Nosa Terra, Xiada Gaiteiros Refrescantes, Banda de Gaitas Airiños do Castelo, Grupo de Gaitas Son do Abrente e Gaiteiros da Ruada.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES