viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasLouriñaO Festival de Cans anuncia as 12 curtas de ficción a concurso

O Festival de Cans anuncia as 12 curtas de ficción a concurso

Lois Patiño, Eloy Domínguez, Ángel Santos, Guillermo de Oliveira ou Lucía Estévez, entre os autores que competirán na sección oficial do certame.

Desta ducia de obras, once serán estreas, seis delas absolutas e outras cinco que se proxectarán por vez primeira nun festival en Galicia.
O certame, que se celebrará do 18 ao 21 de maio, terá este ano unha colleita excepcional na categoría de ficción, na que combinará filmes de directores experimentados, con percorrido na longametraxe, coma Lois Patiño, Eloy Domínguez Serén, Ángel Santos ou Guillermo de Oliveira, con outros emerxentes como Lucía Estévez, David Fidalgo ou Alejandro Rodríguez, realizadores premiados en Cans en edicións anteriores como David Fidalgo, Fran X Rodríguez ou Pedro Díaz, e cineastas máis novas como Cris Yáñez ou Lucía Cotelo.
Nesta edición, hai un total de seis mulleres na dirección de catro das obras a concurso, o que supón un incremento da presenza feminina, en liña co compromiso do festival por visibilizar o traballo das realizadoras. A competición da sección oficial terá lugar o día grande do Festival de Cans, o sábado 21 de maio, e desde este luns están á venda as entras na tenda online do festival.

Listaxe de curtas (ficción e animación) a concurso:

LA ENTREGA
2022 | 24´| España | Dirección: Pedro Díaz I Estrea absoluta

REACTION
2022 | 3’01” | España | Dirección: David Fidalgo | Estrea absoluta I Animación

O NIÑO DOS PAXAROS
2021 | 16’ | España | Dirección: Lucía Estévez | Estrea en Galicia

SYCORAX
2021 | 20’ | España | Dirección: Lois Patiño e Matías Piñeiro | Estrea en Galicia

SAUERDOGS
2022 | 15’ | España | Dirección: Guillermo de Oliveira | Estrea en Galicia

XINECEO
2022 | 16’ | Dirección: Laura Cotelo | Estrea absoluta

ASÍ VENDRÁ LA NOCHE
2021 | 13´20” | Dirección: Ángel Santos I Estrea en Galicia

DEVORADORA DE NENOS
2022 | 14’54” | Dirección: Fran X. Rodríguez | Estrea absoluta

DÚAS CORES
2020 | 14’25” | Dirección: Cris Yáñez | Estrea absoluta

NIDO
2021 | 15´| Dirección: Alejandro Rodríguez | Estrea en Galicia

ROMPENTE
2022 | 25’ | Dirección: Eloy Domínguez Serén | Estrea en Galicia

EFECTO CARACOLA
2021 | 7’ | Dirección: Paula Calviño, Alba Otero e María Jácome | Estrea en España I Animación

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES