Venres, Febreiro 6, 2026
HomeComarcasO CondadoO Concello di que a actuación no cruceiro da Praza Bugallal conta...

O Concello di que a actuación no cruceiro da Praza Bugallal conta con autorización da Xunta

O goberno local desminte o que califica de “infundadas” as denuncias dando a coñecer o deseño da xardineira autorizada pola Xunta. 

Segundo o Concello de Ponteareas, a actuación no cruceiro da Praza Bugallal “conta coa autorización de Patrimonio”. Así o fai saber a administración local mediante un comunicado no que lembra “que o proxecto de reforma da praza foi autorizado polo organismo da Xunta en outubro de 2019 e que, con carácter previo, se presentou especificamente o deseño da nova xardineira en cuxo interior se sitúa o cruceiro”. 

En canto á denuncia por parte do grupo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, o goberno local apunta que “refírese a que unha parte da base do elemento queda soterrada na zona axardinada” con todo “o deseño remitido a Patrimonio e autorizado por este, e agora feito público polo Concello, xa o contemplaba exactamente así”. 

Explican tamén que “os proxectistas e a dirección de obra confirmaron ademais que esa xardineira está correctamente executada de acordo co proxecto e co deseño que foi autorizado pola Xunta de Galicia”. 

O bipartito, no comunicado, lembra que “todos os grupos políticos teñen acceso ao expediente completo da obra e poden comprobar os permisos cos que conta, así como a definición técnica de calquera aspecto da obra” e que, por este motivo, o Goberno municipal “pide rigor e que non se fagan denuncias sen fundamento,
nas que se falta á verdade”. 

Escoita a entrevista co concelleiro Roberto Mera:

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS