miércoles, abril 24, 2024
InicioNewsO PaísO desabastecemento de peixe, outro efecto secundario da guerra

O desabastecemento de peixe, outro efecto secundario da guerra

O elevado prezo dos combustibles derivado da guerra en Ucraína motiva a folga que iniciaron varios colectivos de transportistas e con ela viuse afectada a distribución de peixe ás lonxas. Con todo o sector pesqueiro tamén anuncia paros inminentes. A flota do cerco xa está amarrada e a de gran altura, pronto parará.

A flota do cerco está amarrada por mor dos prezos disparados dos combustibles e xa comeza a notarse nas lonxas e prazos de abastos

Hai pouco peixe e o que hai, como é de agardar, máis caro.

Os praceiros anuncian que este mércores é moi probable que a situación se agrave e non haxa peixe do día nos postos. 

Desde a asociación de armadores Pescagalicia explican que este martes houbo un 50 % de descargas menos que hai xusto unha semana.

Na Pesca de altura tamén se agardan paros aínda que tardará máis en notarse ao ser peixe conxelado e hai aínda bastante stock.

A Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) xa anuncia que serán uns 300 barcos os que pararán.

Encher de combustible un barco de gran altura co prezo disparado do combustible non é viable para moitas empresas que, co panorama de incerteza mundial engadido, prefiren parar e non arriscar a non cubrir custos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES