Mércores, Febreiro 4, 2026
HomeComarcasO CondadoA Plataforma N-120 mantén a manifestación do 1 de abril

A Plataforma N-120 mantén a manifestación do 1 de abril

Mantiveron unha xuntanza este luns coa rexedora de Ponteareas e “ningúen lle supo dicir prazos á alcaldesa”

A Plataforma N-120 mantén a manifestación, que convocaron para reclamar a mellora da seguridade viaria na estrada, para o 1 de abril. A semana pasada, o Ministerio de Transportes emitiu unha nota de prensa na que facía saber que se aproba “provisionalmente o proxecto do trazado para a construcción de glorietas e tratamento das marxes da estrada N-120, en Ponteareas”. Unha mellora que ten como orzamento estimado 3,3 millóns de euros. A actuación inclúese, segundo fai saber o MITMA, no programa de conservación e mantenemento da Red de Carreteras del Estado.

Así as cousas, os veciños e as veciñas da Plataforma mantiveron unha xuntanza onte coa alcaldesa de Ponteareas, Cristina Ferández Davila, para decidir se mantiñan, ou non, a manifestación para reclamar melloras na seguridade viaria na N-120. Finalmente, un dos seus voceiros, Jose Luis Campos, conta aos informativos de Si Radio que “á alcaldesa ninguén lle supo explicar prazos e ningúen lle asegurou nada tampouco” polo que “mantememos a protesta”. Se antes do 1 de abril, “temos acceso a ese proxecto, se desconvocaría”, pero recoñece Campos que están “moscas” porque ” aínda non o sacaron á exposición e  rebaixan o orzamento ata os 3 millóns de euros”.

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS