lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO CondadoO bipartido de Ponteareas xa negocia os orzamentos para o 2022

O bipartido de Ponteareas xa negocia os orzamentos para o 2022

O PSOE e o BNG reúnense de novo este xoves para chegar a un acordo no documento.

«Por unha torpeza política». Así pecha o PSOE de Ponteareas o capítulo da crise que os orzamentos xeraron no seo do bipartito. Os dous socios, PSOE e BNG, mantiveron unha xuntanza este mércores na que os socialistas pediron explicacións aos nacionalistas por mandar o borrador dos orzamentos á oposición antes de consensualo con eles. A concelleira Vanesa Fernández conta nos informativos comarcais de Si Radio que se debeu «a unha torpeza política» e que «como en anteriores ocasións o tema se trataba co finado Xosé Represas, eles non sabían ben o procedemento».

Con todo, este xoves volveron a xuntarse porque hai aspectos que os socialistas queren modificar no documento en materia de axudas sociais, emprego ou no eido da economía.

As discrepancias entre os dous socios de goberno se traslada tamén á localización do novo Centro de Saúde porque segundo conta Fernández, o PSOE opta polos terreos de Aceros del Tea, pola proximidade ao casco urbano mentres o BNG quere «que se amplíe o actual centro de saúde e que se empreguen os terreos que están nesa contorna».

Escoita aquí a entrevista completa coa voceira socialista, Vanesa Fernández:

 Aclarou Fernández a situación económica do Concello e sinalou que «xa non se atopa na listaxe dos que teñen débedas cos proveedores de Facenda».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES