jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño retoma esta fin de semana os actos suspendidos do Entroido

Porriño retoma esta fin de semana os actos suspendidos do Entroido

O venres será o desfile de comparsas e o sábado o enterro da sardiña

A concellería de Cultura e Festexos, que dirixe Bienvenido Estévez, informa de que este venres celebrarase o desfile de comparsas de Entroido aprazado onte martes pola choiva.

As comparsas sairán dende o pavillón municipal ás 19.30 horas e completarán o percorrido habitual: Antonio Palacios, Avenida Domingo Bueno, Travesía Fernández Areal, Manuel Rodríguez e Ramón González.

O sábado terá lugar o Enterro da Sardiña, nos mesmos horarios previstos na programación que se pode consultar na web ecultura.net

Restricións e cortes de tráfico o venres 4 de marzo

Dende as 15.00 horas prohíbese estacionar nas seguintes rúas:

• Fernández Areal, dende o número 1 ata a o cruce coa Avda. Domingo Bueno.
• Antonio Palacios, dende o cruce coa rúa Cruceiro ata a rotonda dos Aloques.
• Doantes de Sangue, ambas marxes que afectan a toda a fachada do CEIP Fernández López.

Dende ás 19.00 horas cortarase o tráfico na rúa Doantes de Sangue.

Dende ás 19.30 horas e ata que finalice o desfile cortarase o tráfico nas seguintes rúas:

• Antonio Palacios, desde cruce do Pavillón Municipal ata a rotonda dos Aloques.
• Domingo Bueno, ata cruce con Fernández Areal.
• Fernández Areal, cruce Avda. Domingo Bueno ata o número 1.
• Manuel Rodríguez, dende o Celtiña.
• Ramón González.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES