jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasLouriñaMos e Porriño celebran un entroido conxunto

Mos e Porriño celebran un entroido conxunto

16 comparsas desfilarán entre ambos concellos o vindeiro sábado 26

Arévalo e Lorenzo presentan entroido conxuntoA veciñanza de Mos e Porriño desfrutará xunta deste entroido. Será o sábado, 26 de febreiro, desde as 18.00 horas da tarde, cando se celebrará o I Desfile Conxunto de Entroido entre ambos concellos no que polo momento participarán 16 comparsas, 8 do Porriño e 8 de Mos.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentaron hoxe a que é a segunda actividade conxunta entre os dous municipios, tralo pasado desfile de rondallas.

Nidia Arévalo e Alejandro Lorenzo:

“Un evento que non é o primeiro, nin será o último que fagamos xuntos”, indicou Lorenzo. “Para min é un pracer e un orgullo que dous pobos limítrofes, irmáns e que facemos vida común no noso día a día desfrutemos de novo dun acto conxunto”. O alcalde animou á veciñanza a participar deste desfile que “se desenvolverá cun estrito cumprimento das medidas de seguridade sanitarias” e animou “a todos os/as porriñeses/as e a todos os/as mosenses a desfrutar desta xornada de festa e reencontros”.
No mesmo sentido manifestouse a alcaldesa de Mos, quen destacou que se trata de dous concellos “que conviven no comercial, no ocio, no cultural…. e que estamos obrigados a entendernos”. Arévalo quixo poñer en valor o entendemento e a boa disposición que supón colaborar en actividades que son o eixo da actividade cultural de ambos concellos, como o Nadal ou o Entroido, que “moitas veces coinciden o mesmo día á mesma hora en ambos concellos, algo que non se entende. Estou segura de que os cidadáns de Mos e do Porriño están aplaudindo a nova de poder desfrutar xuntos deste Entroido”.
Ambos rexedores agradeceron o labor indispensable que realizan a Policía Local e o voluntariado de Protección Civil dos dous concellos, “sen os que sería imposible organizar este evento”.
Indicaron ademais que cada concello mantén a súa programación habitual, a maiores do desfile conxunto do sábado. No caso do Concello de Mos manterase o desfile do domingo de Entroido, que se vén celebrando tradicionalmente pola Avenida de Sanguiñeda; será a partir das 18.00 horas o día 27 de febreiro

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES