lunes, mayo 13, 2024
InicioNewsO PaísO Canadá suspende a busca dos 12 desaparecidos

O Canadá suspende a busca dos 12 desaparecidos

Medios de rescate aéreos e marítimos buscaron en augas de Terra Nova os corpos dos 12 desaparecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo durante 36 horas, cando o protocolo canadense é facelo un máximo de 23 horas. Consideran imposible atopalos e suspenden as labores de rescate pese a petición de España.

 O delegado do Goberno, José Miñones:

O Goberno céntrase agora na repatriación dos tres superviventes e dos 9 corpos sen vida rescatados. Chegarán ao porto de St John´s este venres ao redor das 11.00 horas.

Os barcos cos tres sobreviventes e os nove corpos recuperados tras o naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo chegarán este venres pola mañá ao porto canadense de San Xoán. Así o ratificou Salvamento Marítimo este xoves, despois de que o Centro de Coordinación de Rescate en Halifax confirmase a suspensión definitiva na busca dos doce desaparecidos.

O pesqueiro galego Playa Menduíña 2 leva tres persoas con vida e seis corpos; o pesqueiro portugués Franca Morte, un corpo, e o buque Nexus con bandeira do Canadá, dous dos falecidos recuperados.

Está previsto o desembarco dos sobreviventes e dos corpos dos falecidos recuperados no porto de San Xoán este venres ás 11:00, hora galega.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES