jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísUn equipo de psicólogos comunicará as mortes ás familias

Un equipo de psicólogos comunicará as mortes ás familias

Ao igual que no accidente ferroviario de Angrois, en Santiago, será un equipo de psicólogos de Galicia e de Cruz Vermella os encargados de comunicarlle ás familias as mortes dos seus familiares unha vez que o Goberno e a Xunta teña a información oficial da identidade dos falecidos. Ata agora 10 cadáveres localizados.

 O presidente da Xunta:

Tras a reunión de coordinación que o presidente da Xunta mantivo en Marín co delegado do Goberno, a empresa armadora e os alcaldes de Marín, Bueu, Moaña e Cangas, decidiuse que se siga o protocolo de actuación levado a cabo no sinistro do Alvia e que sexan os psicólogos os que notifiquen as familias o falecemento dos tripulantes do Villa de Pitanxo.

Alberto Núñez Feijóo destacou que non hai novidades e que polo de agora hai tres superviventes, dez falecidos e once desaparecidos e subliñou que as condicións do mar son moi difíciles.

Feijóo destacou que hai unha necesidade de dar datos seguros porque se está a falar de persoas, polo que deben de ser certos.

Lamentou, unha vez máis, esta catástrofe e que dende 1978 non hai ningunha desta magnitude. Feijóo quixo mandarlle unha mensaxe de solidariedade á empresa armador.

A Xunta de Galicia puxo á disposición das familias psicólogos para atendelas nun proceso moi doloroso que se pode alongar no tempo.

Das 24 persoas que traballaban no buque, dezaseis teñen nacionalidade española, cinco son peruanos e tres ghaneses, de acordo aos datos oficiais.

O departamento de Defensa do Canadá ten un helicóptero e un avión asistindo nos labores de busca e rescate, pero non se atoparon restos do pesqueiro. Témese, daquela, que a embarcación afundise por completo.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES