martes, abril 16, 2024
InicioComarcasLouriñaUnha porriñesa, premio extraordinario á excelencia académica

Unha porriñesa, premio extraordinario á excelencia académica

Emma Rodríguez, veciña de Atios de 22 anos, graduouse en Enfermería co mellor expediente da súa promoción.

O Concello do Porriño vén de homenaxear á porriñesa Emma Rodríguez Pretel polo Premio extraordinario á excelencia académica que lle concedeu a Universidade de Vigo ao ter o mellor expediente académico do Grao en Enfermería da promoción do 2022.

A Universidade fixo entrega o pasado venres destas distincións que premian o esforzo dos mellores estudantes en cada unha das titulacións, e unha delas foi Emma, veciña de Atios de 22 anos que foi recibida no seu concello polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González.

«Sumámonos a este recoñecemento ao mérito e tesón de Emma», afirmou o alcalde, «Sei que falo no meu nome e no de todos os porriñeses e porriñesas cando lle digo que nos sentimos profundamente orgullosos do seus logros».

Tal e como transmitiu Lorenzo, estes premios «poñen en valor o esforzo dos mozos e mozas que, como Emma, liderarán o desenvolvemento da nosa sociedade nas próximas décadas. Apostar por eles é apostar polo futuro e o talento dos porriñeses». Por iso agradeceu a Emma o seu exemplo e animouna a «seguir traballando por conseguir todas as metas que te propoñas, sabendo que se poden alcanzar».

Traxectoria
Emma rematou Enfermería o pasado curso, pero esta non é a única distinción que recibiu durante a súa traxectoria académica. Xa no IES Pino Manso, onde cursou os seus estudos dE ESO e Bacharelato, foi premiada como a mellor da súa promoción, galardón que volver conseguir no primeiro ano de carreira.

Tal e como explicou aos representantes municipais, a súa vocación pola enfermería chegou xa cando se atopaba en segundo curso. «Sempre tiven claro que quería estudar algo da rama sanitaria», apuntou Emma. «Quería ser matrona e por iso me matriculei finalmente en enfermería, pero descubrín que me gusta esta profesión e diferentes ramas da mesma, que esta era a miña vocación aínda que non o soubera antes».

Desde que se graduou, a porriñesa leva traballando todo o tempo pero ten claro que seguirá estudando. «Na miña profesión e supoño que en todas, é esencial continuar formándose. No meu caso, preparareime para ser matrona», concluíu.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES