viernes, mayo 17, 2024
InicioComarcasO CondadoO home acoitelado en Vigo foi 2 da lista do PSOE nas...

O home acoitelado en Vigo foi 2 da lista do PSOE nas Neves

O home asasinado este martes nun piso na rúa Areal, de Vigo, era Benito Torreiro Sío, de 69 anos. Un mestre xubilado que fixo carreira sindical e política. Fora número 2 na lista do PSOE nas Neves no ano 2003, onde exerceu como profesor na parroquia de Tortoreos.

Benito Torreiro era diplomado en Ciencias Sociais e en Educación Infantil. Foi profesor toda a súa vida.

Foi sindicalista e secretario comarcal da Federación de Ensino (FETE) de UXT en Vigo no 2002. Tamén foi candidato do PSdeG-PSOE, como número 2 (ás veces figura como o 3) nas listas municipais das Neves no 2003. E destacou por ser socio-fundador do Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva.

Como candidato socialista das Neves, presentouse ás eleccións na lista de Benito Diz Quintero no 2003. Tiña vinculacións con este municipio de Ou Condado porque exerceu como mestre rural na parroquia de Tortoreos. Unha das súas promesas electorais era comunicar mellor as parroquias con estradas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES