jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsO PaísGalicia suma 5.000 positivos nun día e acada os 56.000 casos

Galicia suma 5.000 positivos nun día e acada os 56.000 casos

Os casos de coronavirus aumentan de maneira desbordante en Galicia. Nun día diagnosticáronse case 5.000 novos casos chegando ao total de 56.000 positivos. A boa nova é que 20 persoas recibiron a alta hospitalaria; quedan agora 298 en planta e 56 en UCI.

En Galicia hai 56.456 persoas con coronavirus logo de que na última xornada se batera un novo récordo, o da detección de 4.965 persoas contaxiadas máis.

Por áreas sanitarias a de Vigo segue á cabeza pero a de Santiago e A Coruña xa superan tamén os 10.000 casos cada unha:

A Coruña: 10.373 (+786)

Vigo: 12.724 (+522)

Ourense: 6.549 (+601)

Santiago: 10.567 (+867)

Lugo: 5.549 (+481)

Pontevedra: 7.047 (+352)

Ferrol: 3.647 (+259)

Nos hospitais hai 354 persoas ingresadas, tras recibir a alta 20 delas nas últimas 24 horas.

O Sergas notificou 4 novos decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.786 falecementos desde o inicio da pandemia en Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES