viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoSavaterra cancela a Festa do Viño Espumoso

Savaterra cancela a Festa do Viño Espumoso

O Concello explica que se trata dunha medida que ten que ver «coa inminente e recente suba de contaxios da COVID-19.

A administración local de Salvaterra de Miño vén de cancelar a Festa do Viño Espumoso que estaba prevista para a fin de semana do 4 de decembro. Nun comunicado, o Concello asevera que «diante da inminente e recente suba de contaxios da COVID-19 que está afectando a todo ó país, á comunidade e por ende ao noso muniicpio, non podemos mirar cara outro lado e por iso o o grupo de goberno reuniuse para tomar unha determinación tan contundente como precisa». Refírese a esa cancelación da «nosa tradicional Festa do Viño Espumoso da D.O Rías Baixas» e inciden en que «non queda outra que actuar de inmediante e de xeito coherente, xa que levamos feito un longo traballo que vai xa cara os dous anos e onde se perderon numerosas vidas por mor da pandemia».

Pola súa banda, o Concello tamén estaba ultimando a programación do Nadal para publicar nas Redes Sociais, pero quedan tamén suspendidas temporalmente, «valorando a evolución do escenario nos vindeiros días e semanas para tomar unha decisión final»

O Concello de Salvaterra de Miño pide responsabilidade «dende xa, e que teñamos moito sentidiño nas datas que se aproximan».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES