A agrupación de Protección Civil e o Concello organizaron unha recollida de produtos de hixiene persoal que serán enviados para as persoas afectadas polo volcán da Palma
A recollida foi solicitada pola Agrupación de Protección Civil de Los LLanos de Aridane a todas as agrupacións de protección civil de España. A agrupación de Salceda sumouse á solicitude poñéndose en contacto co concello para organizar o dispositivo de recollida.
Esta recollida decidiuse que fose de produtos de hixiene persoal, por ser non perecedoiros, fáciles de transportar e de uso imprescindible para as familias que están sufrindo este desastre natural.
A recollida fíxose por parte de membros de Protección Civil ao longo da semana do 18 ao 22 de outubro, en horario de mañá e de tarde, na Praza do Concello, onde se instalou unha carpa. A veciñanza de Salceda coma sempre respondeu coa súa solidariedade habitual, acadándose uns 500 quilos de produtos de hixiene persoal.
O Concello de Salceda non dubidou en colaborar con esta iniciativa en ningún momento, e comprometeuse a facerse cargo do envío dos produtos de hixiene recollidos. A principios desta semana enviáronse para o súa entrega á Agrupación de Protección Civial de Los LLanos de Aridane, na Illa da Palma.
A alcaldesa Verónica Tourón sinalou que “en Salceda non somos alleos á dolorosa situación das familias afectadas e agradecemos unha vez máis á nosa veciñanza e a Protección Civil a mostra de empatía e solidariedade que nos caracteriza”.