lunes, mayo 27, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra de Miño amplía as axudas COVID-19

Salvaterra de Miño amplía as axudas COVID-19

Ao sector do taxi, axencias de viaxes, actividades deportivas ou similares e hostalería.

Unha vez aberta a convocatoria de axudas ao comercio, como consecuencia das perdas derivadas da crise sanitaria da COVID-19, o Concello de Salvaterra amplía as mesmas ao sector do Taxi, Axencias de viaxes, actividades deportivas ou similares e hostalería, co fin de poder chegar a todos os sectores económicos afectados pola crise sanitaria

As axudas serán de 800€ para as persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que se viu obrigada ao peche de actividade. De 400€ para as perosas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que non se viu afectada polo peche de establecementos obrigatorio, sempre e cando sufrían unha reducción de facturación igual ou superior ao 40% con relación á media do ano 2019 e de 400€ para as peroas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade do sector da Hostelería, sector que recibiu do concello xa 1.000€ por establecemento a través do II Plan de Rescate da Xunta de Galicia.

Os interesados teñen un prazo de 15 deías hábiles contados desde o día seguinte hábil ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín da Provincia de Pontevedra para facela solicitude.

Para máis información: https://concellodesalvaterra.sedelectronica.gal/

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES