martes, junio 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoOs Reis coñecen, en Tui, o mellor colexio de España

Os Reis coñecen, en Tui, o mellor colexio de España

“A escola rural é un escenario magnífico para a educación”. Con estas palabras, o rei Felipe VI entregou hoxe o Premio Escola do Ano ao Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui.

As Súas Maxestades, don Felipe e dona Letizia, foron os encargados de entregar o galardón que concede a Fundación Princesa de Girona, que escolleu o centro tudense por ser “exemplo de dinamización nun entorno rural”. “Debemos celebrar os logros da educación”, animou o rei, que se dirixiu ao alcalde para confesar que se alegraba de volver a Tui, onde estivo por primeira vez fai un ano con motivo dunha visita á Comandancia Naval do Miño. Don Felipe dedicou aos presentes unhas palabras en galego e defendeu a educación no rural.

Xunto á raiña Letizia, as Súas Maxestades visitaron durante toda a mañá as aulas unitarias de Baldráns e Pexegueiro, onde foron partícipes da actividade diaria deste centro de educación infantil. Coñeceron a radio do colexio e asistiron aos diferentes obradoiros de landras para facer fariña; construción de instrumentos musicais, lingua de signos, robótica, ioga e show-cooking con produtos de proximidade como a cabaza.

Teresa Domínguez, ex directora do CRA durante 20 anos, e Marta González, actual directora, mostraron o funcionamento do centro aos reis e recolleron o galardón (unha escultura deseñada polo artista plásitco Juan Zamora) das súas mans.

Marta Quintana, directora do CRA Mestra Clara Torres:

Teresa Domínguez, exdirectora do CRA Mestra Clara Torres:

O Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres foi recoñecido en 2020 co Premio Escola do Ano, que entrega a Fundación Princesa de Girona co obxectivo de recoñecer e facer visible o esforzo de centros educativos que apostan polo desenvolvemento do talento e a innovación en favor dunha sociedade máis xusta, solidaria e sostible, e que perseguen educar nestes valores para facer fronte a un mundo cambiante. No caso deste colexio tudense, o xurado fallou no seu favor por “ser un exemplo de dinamización en contornas rurais”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES