martes, junio 25, 2024
InicioComarcasLouriñaMos homenaxea a Óscar Pereiro e dedícalle unha escultura en Herville

Mos homenaxea a Óscar Pereiro e dedícalle unha escultura en Herville

A obra descubriuse con motivo da carreira de exciclistas organizada na súa honra polo Concello de Mos e o Club Ciclista Master Louriña, incluída no programa de actividades con motivo de La Vuelta Ciclista a España ao seu paso por Mos.

Na tarde do pasado sábado celebrouse en Mos a carreira de exciclistas e homenaxe a Óscar Pereiro con motivo de La Vuelta 21 ao seu paso por Mos, contando como ‘speaker’ co xornalista Terio Carrera.

Pereiro contou coa presenza de compañeiros, ex compañeiros, amigos e veciños entre os que se atopaban ciclistas e varios ex ciclistas profesionais como Álvaro Pino, Ezequiel Mosquera, Marcial Rodríguez, Serafín Martínez, Genaro Prego, José Ángel Vidal, José Teixeira, Evaristo Portela, Juan Campos, Isidro Araújo, Fabián García, Pako Boente, José L. Boente, entre outros. Así como o gaiteiro mosense de Louredo e autor do Himno de Mos, Xulio Lorenzo.

Tamén estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte; demais membros da Corporación Municipal e do equipo de goberno local; persoas moi especiais para Óscar como José González, Luis Penido, Xurxo Otero, veciños do seu lugar natal: a Capilla en Petelos, e a súa familia: pais, fillos, irmá e a súa muller.

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos:

Óscar Pereiro,ciclista mosense gañador dun Tour de Francia:

José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte:

O evento deportivo comezou ás 18.00 horas en Sanguiñeda, onde os corredores fixeron un circuíto de 10 voltas para logo saír cara ao Castro de Herville, lugar onde se estableceu a meta e onde rematará tamén a 20ª etapa de La Vuelta 21 o 4 de setembro.
A carreira rematou coa vitoria de Fabián García, que ven de gañar o Campionato de España Master 60 en Valladolid. Pecharon a competición Óscar Pereiro e Carlos Táboas ‘Peri’ (Campión de España de + Enduro Master 50) acompañando ao que fora o masaxista de Pereiro no Phonak, José Teixeira.
O acto rematou cunha gran sorpresa para Óscar Pereiro, o descubrimento dunha escultura no alto de Herville na súa honra, autoría do escultor alemán, veciño de Herville desde 1989 Ralf Jung (escultor, fotógrafo e vídeo creador). O broche final púxoo o Grupo de Gaitas de Herville interpretando o Himno Galego

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES