jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaA Agrupación Gaiteira de Salceda deu o estourazo das Festas do Cristo

A Agrupación Gaiteira de Salceda deu o estourazo das Festas do Cristo

A formación, creada fai dez anos especificamente para este acto, foi a encargada de disparar o foguete.

O pasado sábado Salceda de Caselas celebrou o tradicional “estourazo», que este ano chegou a súa duodécima edición, co que deu o pistoletazo de saída ás Festas do Cristo. Este ano foron integrantes da Agrupación Gaiteira de Salceda, como colectivo homenaxeado, os encargados de disparar o foguete.
A Agrupación Gaiteira de Salceda foi elixida polo equipo de goberno xa que leva dez anos poñendo a nota musical no “estourazo” que anuncia as Festas do Cristo. A Agrupación, creada especificamente para este acto, reúnese unha vez cada ano, xuntando gaiteiros e gaiteiras e percusionistas de Salceda de Caselas e doutros concellos como Porriño, Salvaterra de Miño, Tui, Ponteareas e mesmo Vigo, e unindo deste xeito a compoñentes de numerosos grupos tradicionais da vila e arredores.
O colectivo foi creado hai 10 anos por Tere Pérez, sendo Concelleira de Cultura, nun grande esforzo por unir aos grupos de música tradicional e conseguir crear unha gran Agrupación Gaiteira. Se algo caracteriza a esta agrupación é o xeito de unir a xente de moi diferentes niveis musicais, co único obxectivo de gozar da música tradicional, e onde ano tras ano as persoas máis experimentadas axudan ás máis novas, sempre nun ambiente cordial e de compañeirismo, e chegando a reunir ata 70 persoas nas edicións máis numerosas.
Nin sequera a COVID-19 detivo á agrupación, realizando unha presentación reducida a unhas 30 persoas no pasado ano, e que nesta edición ha volver a superar xa o medio cento de compoñentes. Para iso, son varias as semanas que levan ensaiando, sempre ao aire libre e mantendo a distancia interpersoal en distintos puntos da vila para prepararse para a gran cita anual.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES