jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaJorge Coira recibirá o premio de honra do Festival de Cans

Jorge Coira recibirá o premio de honra do Festival de Cans

O director lucense recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no torreiro en setembro

jorge coira festival de cansA asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971). A organización considera a Jorge Coira como unha figura “fundamental no desenvolvemento do audiovisual galego nos últimos vinte cinco anos”.
Desde mediados dos anos 90, Coira desenvolveu unha intensa carreira, primeiro como curtametraxista, e posteriormente como guionista, montador e director de series de televisión e longametraxes, na maior parte dos casos desenvolvendo uns códigos cinematográficos en clave galega.
Desde que comezara hai 25 anos dirixindo unha curta emblemática como “O Matachín”, protagonizada por Luís Tosar, Coira continuou asinando longametraxes como as premiadas “18 Comidas” e máis recentemente “Eroski Paraíso”, que co- dirixiu xunto a Xesús Ron, ademais de dirixir a exitosa serie “Hierro”, que recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Ondas á mellor serie de televisión.
En paralelo, Jorge Coira desenvolveu unha reputada carreira como montador, que o levou a conseguir en 2016 o Premio Goya á mellor montaxe polo filme “El Desconocido”, dirixido por Dani de la Torre.
O Festival de Cans quere recoñecer tamén con este premio a Jorge Coira, a súa traxectoria e implicación nas asociacións profesionais galegas, a través de entidades como a Academia Galega do Audiovisual ou CREA, a Asociación de Realizadoras e realizadores galegos, da que foi presidente e desde a que impulsou no seu día un acordo de colaboración co Festival de Cans

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES