viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaTres estudantes do Lar, seleccionados no Concurso Nacional de Pintura

Tres estudantes do Lar, seleccionados no Concurso Nacional de Pintura

Gabriel Domínguez, coa súa obra “Real Sitio de Aranjuez”, sitúase entre os 30 mellores de España

Oratoria e debate, xornalismo medioambiental, robótica e tecnoloxía e agora tamén pintura. Alumnado do Colegio Lar destacou ao longo curso en diferentes certames e concursos, conseguindo grandes resultados en diversas modalidades da ensinanza.

Un dos últimos logros é a inclusión de Gabriel Domínguez Quintillán, estudante de 5º de Educación Primaria, entre os 30 finalistas do Concurso de Pintura Infantil y Juvenil para centros escolares 2020-2021 convocado por Patrimonio Nacional. Trátase da trixésima edición deste certame no que ademais de Gabriel, outros dous alumnos do Colegio Lar foron preseleccionados entre centos de participantes de toda España, trátase de Aroa Otero e Edgar Redondo, ambos de 6º de Primaria

Grabiel DomínguezO propósito do concurso é divulgar, entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, os monumentos, palacios e mosteiros reais que integran Patrimonio Nacional, a través da súa expresión plástica. Así, pois os temas das obras a presentar versaban nos interiores e/ou exteriores dunha serie de monumentos, xardíns históricos e fontes de Patrimonio Nacional. Nesta ocasión, Gabriel clasificouse entre os finalistas, único de toda Galicia xunto con outra alumna dun instituto vigués, coa súa pintura del Real Sitio de Aranjuez

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES