jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaDe visita por Porriño con Antonio Palacios

De visita por Porriño con Antonio Palacios

Continúan este sábado as visitas guiadas teatralizadas polas obras que este arquitecto porriñés deixou na súa vila

Antonio Palacios volve ao mundo dos vivos para acompañarnos visitando a súa obra arquitectónica na vila natal do Porriño. A carón del, Corona González, fotógrafa pioneira, mecenas de obras benéficas e moi preocupada pola saúde e educación. Os dous lévannos por unha viaxe de lembranzas, sentimentos, arquitectura, patrimonio e festa da que todos formamos parte. Así presentan dende o Concello do Porriño unha das iniciativas culturais posta en marcha para conmemorar o 75 aniversario do falecemento do seu veciño ilustre, o arquitecto Antonio Palacios, cuxos actos comezaron o pasado 27 de outubro de 2020 coa colocación dunha coroa de dalias brancas e loureiro no cemiterio municipal ante a tumba do arquitecto.

Trátase dunha serie de visitas guiadas teatralizadas que comezaron o pasado sábado e continúan mañá, programándose un total de dez ata o 30 de outubro.

O percorrido parte do Templete da Rede de San Luis e dende alí, dous actores, encargados de representar a Palacios e a Corona González, guían ao público polas diferentes obras que o arquitecto ten na vila como son a casa consistorial, a Fonte do Cristo ou a Botica Nova e todo elo con acompañamento musical de gaiteiro e tamborileiro, a cargo da Asociación Cultural Lumeirada.

Polo de agora, e por mor das restricións impostas pola COVID-19, o número de prazas por visitas é de 8 e están todas reservadas, existindo lista de agarda. Ademais da de maña, xa hai datadas oito visitas máis: o 19 e 26 de xuño, o 25 de setembro e tódolos sábados do mes de outubro. As inscricións deben realizase previamente enviando un correo electrónico ao enderezo inscricionscultura@oporrino.org.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES