jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsO PaísHaberá fogueiras de San Xoán pero de tamaño reducido

Haberá fogueiras de San Xoán pero de tamaño reducido

Galicia terá fogueiras de San Xoán pero este ano tampouco poderán ser multitudinarias en prais e vilas. Deberán ser de tamaño reducido cumprindo as normas de número de persoas non conviventes e con autorización de cada concello.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez:

Seguimos en pandemia e a evolución da inmunización a través da vacinación contra a COVID-19 aínda non permite recuperar as «cacharelas» ou fogueiras tradicionais de San Xoán que se celebraban habitualmente en areais galegos como Praia América, en Nigrán, ou en puntos recurrentes de moitas vilas galegas.

Terán que ser fogueiras familiares ou de grupos de amigos, sempre cumprindo as normas, do número máximo de persoas non conviventes, lembremos que é de 10 ao aire libre. Tampouco poderá estenderse a celebración máis aló da 1 da madrugada.

Facer unha fogueira de San Xoán requerrirá autorización previa do Concello no que se queira prender.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES