martes, junio 18, 2024
InicioNewsA RaiaTomiño e Cerveira, sen fronteiras coa ponte do Parque da Amizade

Tomiño e Cerveira, sen fronteiras coa ponte do Parque da Amizade

A Xunta confirmou que é o principal proxecto dos transfronteirizos para captar os fondos de recuperación Next Generation.

O territorio de ambos lados do Miño «desfronteirizase» coa ponte do Parque da Amizade que unirá o concello de Tomiño co de Cerveira.

Presentouse este sábado o proxecto definitivo do primeiro parque transfronteirizo da Eurorrexión e da ponte peonil e ciclista que o fará posible con numerosos persoeiros do ámbito da política. A «euro área» terá 25,6 hectáreas cun espazo común público, urbano e de lecer.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, confirmou no acto que é prioridade para captar fondos Next Generation e, neste senso, a ministra de Coesão de Portugal, Ana Abrunhosa, asegurou que «materialízase a visión de Europa co Parque da Amizade».

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, lembrou a historia común de ambos pobos e cualificou o proxecto como «zona franca social». O presidente da cámara de Cerveira, Fernando Nogueira, falou da «paixón polo territorrio».

Amáis, os concellos traballarán para darlle un novo pulo competando os equipamentos actuais cn novo parque botánico e unha zona de glamping así como con piscinas campos de xogo e incluso un novo museo. 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva salientou que o proxecto «sairá adiante polo empuxe das mulleres» e o deputado de Cooperación transfronteiriza, Uxío Benítez, cualificouno de «fito histórico».

O espazo está clasificado como Rede Natura 2000.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES