sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaRescate de 100.000 euros para a hostalería mosense

Rescate de 100.000 euros para a hostalería mosense

Dende esta madrugada os restaurantes, bares e cafeterías de Mos terán que pechar as súas portas por mor da entrada do municipio en nivel de restrición máxima por mor da COVID-19

A alcaldesa vén de anunciar un plan municipal de apoio a este sector que, sen dúbida, está a ser o gran damnificado pola crise do coronavirus. É por elo que na última sesión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos decidiuse a posta en marcha deste programa que inclúe una liña de axudas para compensar aos hostaleiros que quedaron fóra do Plan de Rescate da Xunta de Galicia e outra de subvencións directas aos 75 negocios do sector existentes en Mos.
A primeira das liñas, destinada a completar o plan autonómico para que chegue ao 100% dos hostaleiros mosenses, está dotada de 25.000 euros. E a segunda liña contempla axudas directas de 1.000 euros aos 75 hostaleiros de Mos, sumando 75.000 euros. Así, entre ambas liñas repartiranse un total de 100.000 euros que pretenden “facer unha contribución á supervivencia destes negocios que tan mal o están a pasar desde o comezo da pandemia e que agora, con este novo peche a nivel local, atópanse xa desesperados, como é lóxico”, sinala a alcaldesa.
Arévalo insistiu “na vontade de apoiar aos negocios hostaleiros con este novo plan e darlles un pulo para lograr saír desta crise derivada da COVID-19, que en Mos se acrecenta con esta situación de nivel máximo que estamos a vivir, e tentar recuperarse deste novo golpe que volven a sufrir co peche das súas portas ao público desde o sábado. En momentos de crise coma estes queremos axudalos e apoialos, por iso decidimos desde a administración local poñer en marcha esta ferramenta coa que queremos aportar positivismo á tan damnificada hostalería”.

Exención de taxas

Cómpre lembrar que desde o Concello de Mos xa se decidira tamén o ano pasado a exención de taxas de auga, lixo e vados como apoio municipal polo peche temporal da hostalería e que se aplicou de oficio a todos os negocios mosenses deste sector.
A exención fíxose efectiva no primeiro recibo do ano 2021 e non tivo que ser solicitada expresamente polos titulares.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS