lunes, octubre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaImpulsan unha lei para a xestión e revitalización das áreas empresariais

Impulsan unha lei para a xestión e revitalización das áreas empresariais

Aemos apoia a iniciativa impulsada pola Fegape ante a ausencia dun marco legal regulador que asegure o correcto mantemento, conservación e modernización de parques e polígonos

A Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) uniuse a outras organización empresariais de Galicia e baixo o amparo da Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) elaboraron un proxecto de futura Lei de áreas empresariais cuxo obxectivo último é velar polo bo mantemento, conservación e modernización destas zonas contemplándose para elo un sistema de xestión.
Unha preocupación común, a ausencia e o desamparo na xestión, mantemento e revitalización das áreas industriais é o que lle levou a este grupo de traballo constituído por representantes de diferentes entidades empresariais de toda a Comunidade a impulsar esta iniciativa que xa foi presentada á Xunta de Galicia para o seu estudo e que, nun primeiro momento, “acolleron con bo criterio, mostrando interese e implicación”.

“Con esta normativa determinaríanse as competencias en materia de modernización, conservación e mantemento e entón serían os entes titulares dos polígonos, ben sexan asociacións empresariais, comunidades de propietarios ou entidades de conservación, quen poderían asumir dita xestión”, explica o presidente de Aemos Manuel Castro.
Actualmente son os concellos os que teñen dita competencia e muchos deles non dispoñen de fondos para manter nas mellores condicións posibles estas áreas industriais, a pesar de que o gasto sería cofinanciado, en gran proporción, por outras administracións supramunicipais, de aí que algunhas se estean deteriorando e presenten deficiencias no que respecta á iluminación, mantemento de viarios, limpeza ou seguridade, entre outras cuestións. “Non podemos permitirnos que ante un incendio dunha nave non haxa presión na rede de extinción, tódolos servizos deben estar en óptimas condicións e garantidos, alguén ten que velar porque se fagan e cumpran os plans de emerxencia”, puntualiza.

Apostan por unha colaboración público-privada para que non existan deficiencias nas infraestruturas e servizos, á vez que se vele pola innovación e o progreso destas zonas industriais

“Nesta lei regularíanse as necesidades de tódalas zonas industriais da Comunidade, quedando establecido un sistema de xestión coas competencias en cada área (mantemento, seguridade…)”, sinala o presidente de Aemos, á vez que lamenta que se perdan subvencións de cofinanciación para levar a cabo todas estas tarefas porque unha das partes non poida asumir a súa achega. “Sabemos que existen recursos de financiación pública pero agora mesmo nós como organización empresarial ou as entidades dos propios polígonos non podemos acceder a eles, coa lei si poderíamos e xestionaríamos directamente o mantemento e a modernización dos nosos parques e polígonos. Existe unha lagoa que necesitamos corrixir e regular e, á vez, obrigar a todo propietario a que participe na conservación e no mantemento e revitalización dos lugares onde se asentan as súas empresas”.
Este proxecto de lei foi un dos temas tratados nunha xuntanza que Aemos mantivo, esta semana de maneira telemática, co director xeral del Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, a quen lle trasladaron outras cuestións como son a necesidade imperiosa de chan industrial e a mellora das comunicacións dos polígonos existentes.

Ante a gran demanda e falta de chan industrial, urxen ampliar e/ou buscar novas localizacións para evitar a fuga a Portugal

“Estamos recibindo moitas consultas de asociados e non asociados, incluso de empresas de fóra de Galicia, que nos chaman para estudar la posibilidade de instalarse no noso ámbito de influencia”, asegura Manuel Castro. É por elo que desde Aemos apreman a procura de superficie industrial, “ben sexa ampliando parques existentes como é o da Veigadaña, onde xa soamente quedan dispoñibles 20.000 metros cadrados repartidos en cinco parcelas, ou habilitando novas localizacións en Mos.
A urxencia de buscar e presentar este chan industrial fundaméntase na gran demanda existente a día de hoxe que, á vez, se asenta “en ser Mos unha localización estratéxica pola súa boa comunicación coa saída cara ao norte, cara a meseta e co país veciños”. e precisamente, esta actuación tamén urxe para “evitar a fuga de empresas ao noso competidor más próximo: Portugal. Debemos seguir xerando riqueza e emprego. Por todo elo apremamos ás diferentes administracións a que procuren solución ante a falta de chan industrial, cuns custos razoables e competitivos, conxugando sempre localización e prezo”.

Saída directa á autovía A-55

A procura de financiación para mellorar ás comunicacións das áreas industriais foi outro dos puntos expostos polos empresarios de Mos ao director xeral do IGVS. Fan referencia así ao “estrangulamento das áreas industriais, de nada vale ter grandes áreas industriais se non están ben comunicadas”.
Neste aspecto, sinalan que “ao parecer existen algúns proxectos incluídos nos fondos Next Generation de melloras en saídas e entradas aos polígonos”, con todo queren un avance e apreman a que se materialicen e se executen as obras para convertelos en realidade.
Lembran, neste sentido, que xa existe un anteproxecto e estudo para executar unha saída directa á A-55 desde o Pemos da Veigadaña e urxen a que se realice canto antes, “porque os usuarios o precisan e é capital para o desenvolvemento das empresas alí asentadas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS