jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaO SERGAS cribará ao persoal e á clientela do Leroy Merlín de...

O SERGAS cribará ao persoal e á clientela do Leroy Merlín de Mos

As e os profesionais do SERGAS desplazarase ata o centro comercial o sábado 29 de maio.

A Consellería de Sanidade continúa realizando cribados á poboación da Área Sanitaria de Vigo co fin de detectar persoas asintomáticas con COVID-19 e frear, así, o avance do virus. Neste senso, amáis de convocar ao redor de 5.000 persoas do concello de Mos para realizarlles unha proba PCR no Pavillón Óscar Pereiro este mércores, as e os profesionais do SERGAS trasladaranse este sábado 29 de maio ao centro Leroy Merlín da localidade. Alí, se lles someterá a unha proba, tamén PCR, ao persoal e á clientela.

Cribados en centros comerciais

Non é a primeira vez que o SERGAS trasládase ata os centros comerciais co fin de detectar persoas asintomáticas en COVID-19. Xa no venres 21 varios equipos de profesionais achegáranse ao Gran Vía e ao de Travesía de Vigo para realizar probas PCR así como ao centro comercial Coia, entre outros.

Mos, no nivel alto de restricións

O concello de Mos sitúase no nivel alto de restricións desde o 22 de maio por mor da súa situación epidemiolóxica, ao superar os 250 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Este martes reúnese o comité clínico que asesora á Xunta na pandemia da COVID-19 co fin de avaliar os datos dos municipios galegos.

Arestora, o nivel alto implica que os hostaleiros e as hostaleiras non poden abrir o interior dos locais e o aforamento redúcese ao 50% nas terrazas. O seguinte nivel de restricións implicaría o peche permetral do concello.

Segundo a última actualización de Sanidade, Mos segue na incidencia considerada de risco polo SERGAS ao rexistrar máis de 250 casos por 100.000 habitantes nunha semana con 54 casos. Isto é, cinco menos que na xornada anterior.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES