lunes, noviembre 11, 2024
InicioComarcasVal de MiñorNigrán reabirá o parking da Ramallosa de xeito público

Nigrán reabirá o parking da Ramallosa de xeito público

O Concello de Nigrán asumirá no próximo trimestre a xestión directa do parking da Ramallosa tras disolverse definitivamente a empresa concesionaria, Estacionamientos Valle Miñor, SL.

O estacionamento, situado a carón da piscina mancomunada e con 357 prazas, reabrirá de xeito público co obxectivo de revitalizar este núcleo urbano, pois as primeiras 4 horas serán gratis para todos os usuarios. Ademais, estará dispoñible as 24 horas do día e contará con descontos para residentes o traballadores.

“Estará operativo moito antes de licitar as obras de humanización de Manuel Lemos”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca o “beneficio incalculable” que suporá para o pequeno comercio e veciñanza de toda a zona “ter un aparcamento gratis”. “Será un cambio radical para A Ramallosa e o seu pequeno comercio”, confía o rexedor.

O parking, construído polo Concello e aberto no 2007 coa concesión a 39 anos para Estacionamientos Valle Miñor SL., foi pechado pola empresa en 2017, sendo liquidada a adxudicataria xudicialmente a mediados de 2019. «Desde entón estamos tramitando a súa re-municipalización e xa estamos na última fase tras recuperar os servizo de auga e luz sen ter que asumir o Concello ningunha débeda», explica González.

O seguinte paso será aprobar no pleno unha ordeanza de uso e prezos públicos, actualizar a maquinaria que sexa preciso tras realizar unha revisión profunda e acometer unha limpeza; un prazo que se calcula en 2-3 meses máximo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS