sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasLouriñaMos ofrece seis cursos en liña gratuítos

Mos ofrece seis cursos en liña gratuítos

Están destinados a paliar a situación de vulnerabilidade dixital que viven moitos emprendedores, autónomos e pemes a raíz da COVID-19

Trátanse de talleres organizados polo Concello de Mos desde a súa Axencia de Colocación en colaboración coa Fundación Cibervoluntari@s que se desenvolverán durante o vindeiro mes de xuño.

Son obradoiros de nivel intermedio dirixidos a todas aquelas persoas que queiran proxectar a súa marca persoal, innovación, proxecto emprendedor ou proxecto empresarial a través do márketing dixital. Os interesados en participar poden inscribirse a través da seguinte ligazón: https://mos.portalemp.com

O programa no que se enmarcan estes obradoiros denomínase IniciaTIC e ten como obxectivos apoiar e impulsar a dixitalización dos axentes da economía social para mellorar a súa competitividade e facilitar a adaptación da actividade económica a través de procedementos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados pola COVID-19.

Desde o Concello de Mos ofértanse dentro deste programa un total de 6 cursos en liña totalmente gratuítos: comercio electrónico o 7 de xuño, ferramentas de comunicación e xestión o día 9, administración electrónica o 15, márketing dixital o 16, ciberseguridade o 21 de xuño e Big Data o 23, todos eles en horario de 19.00 a 20.30.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES