sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaO SERGAS detecta 12 positivos no IES de Mos

O SERGAS detecta 12 positivos no IES de Mos

No cribado que levou a cabo o SERGAS nesta fin de semana no IES de Mos, detectáronse 12 positivos en COVID-19.

Cunha participación do 76%, o persoal de Sanidade detecta 12 persoas con COVID-19 que eran asintomáticas. Ao cribado estaban convocadas 734 persoas entre o alumnado e profesorado, dos cales acudiron 559. Segundo a última actualización, o IES de Mos rexistra un total de 22 contaxios, o centro con máis positivos de Galicia.

Posto que o municipio de Mos rexistra unha incidencia que se atopa na incidencia considerada como de risco, ao superar os 250 casos por 100.000 habitantes nunha semana, Sanidade vén de anunciar que se amplía o cribado á veciñanza da localidade. Será o mércores 26 de maio, dende as 09:00 horas ata as 21:00 horas. En total, están chamadas a participar 6.000 persoas, ás que se lles realizará unha proba PCR no Pavillón Municipal Óscar Pereiro.

Dende o concello animan aos veciños e ás veciñas de Mos , que foron convocados polo SERGAS, a que acudan á cita «xa que os datos extraídos deste cribado serán de vital importancia para poder atallar a actual situación e saír dela canto antes».

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS