martes, junio 18, 2024
InicioComarcasVigoO incendiado buque Buffin Bay parte cara Marrocos

O incendiado buque Buffin Bay parte cara Marrocos

Tras cinco meses de traballos para reflotalo en Bouzas, en Vigo, o incendiado buque conxelador Buffin Bay iniciou a súa singladura cara Marrocos onde será despiezado. Antes foi avaliado para evitar danos medioambientais durante o seu remolcado.

Incendiárase en decembro no porto de Vigo cando estaba a ser reparado e consecuentemente afundírase. Logo de 5 meses de traballos para reflotalo, arrancou cara a cidade de Alhucemas onde se fará o seu despezamento.

A embarcación sufrira un aparatoso incendio que se puidera ver desde distintos puntos da cidade. Tales foran os danos do lume que se afundira.

Tivo que ser reflotado, cuns traballos que se prolongaron varias semanas.

O seu remolcado contou co visto e prace de Capitanía Marítima.

O barco foi sometido a inspeccións a fin de avaliar o seu estado para realizar a travesía e mesmo se procedeu ao baleirado do tanque de combustible para evitar danos medioambientais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES